


sába / selo
saba de algodón, selo de madeira, tinta vermella
medidas variables
2014
Obra accesit no 23 Premio Internacional de Gráfica Máximo Ramos 2014.
Texto da crítica de arte Sara Donoso para o catálogo da mostra:
«Destaca no traballo de Mauro Trastoy (Vilalba, Lugo, 1971), unha potente aposta polo feito a man, pola asimilación da pegada como elemento intrínseco ao proceso creativo e a repetición de xestos continuados, deteriorando o seu significado inicial para revelar a súa validez como conxunto. Nesta ocasión, presenta unha saba de algodón estampada cun selo cortado e manipulado con serra.
Inevitablemente o pensamento sitúase no íntimo, na carga poética e sensual que engade o material, intervido e alterado pola forma e o espazo. Hai algo de violencia nesta saba marcada en vermello, unha tensión que se vai debilitando ao ritmo que a tinta perde forza e a trama consúmese.
Falamos dun pulso inestable, unha deriva cara ao manual que se vincula cos principios básicos da estampa tradicional onde o selo actúa como matriz e a tea como soporte».



s/t
cinta de carrocero e pinzas
medidas variables
2011





cadea
papel de aluminio
medidas variables
2011 – actual



cadea
cinta de carrocero
240 x 16 x 12 cm
2012


s/t
cinta de plástico
medidas variables
2011