Desexamos que esteas satisfeito/a con a túa compra. En caso contrario, indicámosche os pasos para seguir para facer un cambio ou unha devolución. O prazo máximo son 15 días naturais desde a súa entrega.

 
Os GASTOS DE ENVÍO, exceptuando que sexan por erro ou que a mercadoría estivese defectuosa, correrán a cargo do cliente. Non aceptamos envíos a portes debidos. É importante que as devolucións se realicen a través dunha compañía de envíos seria, xa que, MAURO TRASTOY non se responsabiliza por danos, perdas ou roubos mediante o transporte destas. Unha vez recibido e comprobado que o produto devolto está en perfectas condicións, tramitaremos o cambio ou devolución.
 
Os CAMBIOS poderán facerse por un produto de igual ou maior valor. En caso de maior valor, deberán abonar a diferenza.
 
En caso de DEVOLUCIÓN abonarase o prezo do produto pola mesma vía en que foi abonado e no prazo de 5 días hábiles desde que chegue ao noso estudo Estas condicións poderán ser modificadas en calquera momento, atendendo á evolución desta web e os contidos nela ofrecidos. A adquisición de calquera produto ofrecido nesta web supón o coñecemento e aceptación das condicións legais –condicións de venda e aviso legal– desta web.