
Unha exposición que transforma o espazo
e convida á contemplación.
Inauguración: venres 23 de maio
1
Exposición
Unha lámpada soa non basta é unha invitación á contemplación, onde a luz e a forma se converten en protagonistas dunha experiencia única.
A exposición transforma o espazo físico, creando un diálogo íntimo entre o espectador e a obra, e ofrecendo unha nova perspectiva sobre o poder da luz como elemento artístico.
INAUGURACIÓN:
Venres 23 de maio ás 20 h.
CANDO:
Do 23 de maio ao 27 de xullo.
ONDE:
O MUSEO PEQUENO
Galerías comerciais de Centro Real 86
Rúa Real 86, A Coruña
Web: www.omuseopequeno.com
Instagram: @omuseopequeno
HORARIOS:
De luns a domingo de 10 a 20 h.
2
Lámpada
Cada lámpada é unha creación única, elaborada a man con cinta de carrocero sobre unha estrutura de arame.
Estas pezas son o resultado dunha investigación escultórica iniciada en 2012, na que se exploran os límites entre a arte, a artesanía, a funcionalidade e a poesía, dando lugar a obxectos que transcenden a súa función práctica para converterse en expresións artísticas.
As lámpadas teñen a etiqueta de Artesanía de Galicia.
3
Encargos
Se desexas adquirir unha ou realizar un encargo personalizado, completa o formulario ou contacta comigo directamente no 608 416 508 ou no correo maurotrastoy@gmail.com
