Arte & Sabiduría

Texto de Anxo Rabuñal, investigador privado y editor intermitente, paseante y librero en Novaniké.

Arte & sabedoría

para Mauro Trastoi, de Anxo Rabuñal
nadal 2019

Acórdame unha vez, nun peirao, un home dun barco botoume un cabo a terra para amarrar o seu bote. Eu non sabía se o estaba a facer ben, cando anoaba a corda, e el, mentres se ocupaba en deslear outro cabo, díxome: «ti dálle voltas». E moitas veces é así. Non sabes? Ti dálle voltas.

Coas mans é igual. Cantas veces non se arranxa un aparato só con abrilo e volvelo pechar, o reinicio. Como se chama o xogo ese de armar cun cordel unha arañeira entre os dedos das mans, e que o compañeiro recolle entre os seus, e un recupérao de novo, e así seguido, e a arañeira vai mudando de figura segundo pasa de mans?

Esta laboriosidade infinita de non parar quieto coas mans, de con elas querer facelo todo, debe de ser algo propio de primates que mondan plátanos e se espiollan. Ocupación que funda unha ética propia, unha ética de artesán, non proletaria, nin burguesa, nin aristocrática. Unha ética do laborioso, de aplicarse coas mans en pasar ao compañeiro unha figura que nas súas mans vai ser outra. Arte.

Lezama Lima: «Mientras el hormiguero se agita —realidad, arte social, arte puro, pueblo, marfil y torre—, pregunta, responde, el Perugino se nos acerca silenciosamente y nos da la mejor solución: ve preparando la sopa, que mientras voy a pintar un ángel más».

(Hoxe somos laboriosos artesáns de identidades. Pero esto é unha paréntese.)

Din que na língua grega antiga, «saber facer» foi a primeira idea de «saber». Segundo di quen sabe, a primeira aparición documentada da palabra sophíes está na Ilíada –canto XV, verso 412– e quere dicir habilidade manual, a destreza, a capacidade de resolver algo eficientemente, saber como.

A xente daquel tempo serviuse da experiencia dos seus oficios para pensar o mundo. Da práctica no barro e as tinturas, o manexo da tecedeira, armando cestos e naos, fragua e ourivería, emerxeu un saber facer das mans intelixentes, un saber facer que aínda integraba todas as formas de facer e de saber, que logo despois se foron separando.

Naquel tempo, quen sabía como, por forza tiña que saber que. De aí foise pasando a reflexións máis xerais sobre o mundo e a vida, en Mileto, cando esas formas do pensamento anónimo e manual deron vez aos pensamentos do filósofo, autor intelectual.

O pensamento agroma no bico, pero a sabedoría está nas mans.

Walter Benjamin contaba o consello dun vello cabalista que el coñecera, quen dicía que cando se quere facer un cambio importante na vida, «abonda desprazar un pouco esta cunca, ou este arbusto, ou esta pedra, e así con todas as cousas». A pequena mudanza é a chave da gran mudanza. Isto parece do I Ching, pero non.

Lin na prensa como un tipo explicaba a súa conversión ao cristianismo, 40 anos antes: «estaba a lavar os dentes, eran as dez da noite. De repente, tiven a certeza de que encontrara a proba definitiva da non existencia de Deus e díxenme, teño que anotalo inmediatamente no caderno. Pero cando ía facelo caín de xeonllos coma se me alcanzara un raio e a revelación foi a inversa, a certeza de que Deus existe, e que conservo ata agora».

Todo isto lavando os dentes, que como se sabe é unha acción consistente en repetidos movementos do cepillo contra os dentes. A repetición. O pequeno xesto. A dedicación. Ti dálle voltas. Un ánxel máis. Un lene desprazamento. Unha modificación. Repetición. Modificación. Ata, corta, pega. Ata, corta, pega. Ata que o imperceptíbel se fai evidente.

crines pecte, dentesque fricabis:
et ita cerebrum, membraque iuvabis.

Meu amigo Ricardo Coral Dorado estudou cinematografía en Praga, nos 80. Alá explicáronlle na escola que cando, en cine, un fai unha cousa unha vez, daquela é un acerto; se a fai dúas veces, é un erro; e cando a fai tres veces é xa unha marca de estilo. O método checo: faino só unha vez ou, mellor, non deixes de facelo. O erro ocupa o tempo entre a excepción e a regra. Erro, silenzo, baleiro.

Aquí estamos a falar da dedicación, e da espera que significa, agardando como un labrego a colleita da sementeira. Completar un pano, un bordado, a cocedura do barro. Cóbiza de dente que morde o pan. Proceso científico de acumulación de ensaios repetidos sempre de igual xeito, agardando o exceso entrópico que move espontaneamente a cunca de sitio, ou o arbusto, ou a pedra. O que se chama telequinesia. Nese momento emerxe como unha evidencia iso que era imperceptíbel, ás veces na forma dun erro, outras como unha deriva, ou a como unha consecuencia numérica.

A trama e a urda, metáforas de tradición psicoanalítica. Juan Rof Carballo, recoñecido pai da medicina psicosomática que nacera en Lugo en 1905, pensou moito nesta metáfora creadora extraída do mundo das tecedeiras, e logo formulou a Teoría da Urda. Mola.

Rof estableceu oito funcións para caracterizar o labor fundamental da urda: a función de amparo, a liberadora, a ordenadora, a esculturalizadora, a de mediadora coa realidade, a de ser confianza básica, a constitutiva de horizonte, e a integradora.

Coido que isto ten algo a ver co de Pascal, co de que todas as desgrazas veñen de non ser quen de ficar tranquilamente sentado en soidade nun cuarto. Sen acerto, sen erro, puntadas na urda.

Se intervir no mundo axúdache a comprendelo, xa quedar na casa axúdache a soportalo.

Esta historia que ides ler agora aparece nun libro de Gershom Scholem, eu non o lin, a min a historia contouma outro amigo artista, Isaac Pérez Vicente, e eu cóntovola a vós.

Cando o Baal Shem Tov, o fundador do hasidismo, tiña que resolver un asunto difícil, ía a un lugar que el sabía nun bosque, prendía un lume, pronunciaba unhas oracións, e cumpríase xusto aquelo que el quería.

Cando unha xeración despois o maguide de Mezeritch se atopou fronte o mesmo problema, foi a ese mesmo lugar no bosque e dixo: «xa non sabemos as oracións, pero podemos vir aquí e prender o lume». E todo acorreu conforme tiña que ser.

Unha xeración despois, o rabi Moshe Leib de Sasov atopouse na mesma situación, foi ao bosque e dixo; «xa non lembramos as oracións, non sabemos prender o lume, pero coñecemos o lugar no bosque, e con iso ten que abondar». E nefeuto, abondou.

Mais cando, transcurrida outra xeración, o rabi Israel de Rischin tivo que afrontar a mesma tarefa, ficou no pazo, sentado no seu trono dourado, e dixo: «non somos quen de recitar as oracións, non sabemos xa prender o lume, e non coñecemos sequera o lugar no bosque, pero aínda podemos contar a historia, e con iso ten que abondar».

E máis unha vez con iso abondou.

Arte & sabiduría

para Mauro Trastoi, de Anxo Rabuñal
navidad 2019

Recuerdo una vez, en un muelle, un hombre desde un barco me echó un cabo a tierra para amarrar su bote. Yo no sabía si lo estaba haciendo bien, anudando el cabo, y él, mientras se ocupaba en desanudar otro cabo, me dijo: «tú dale vueltas». Y muchas veces es así. ¿No sabes? Tú dale vueltas.

Con las manos es igual. Cuántas veces no se arregla un aparato sólo con abrirlo y volver a cerrarlo, el reinicio. ¿Cómo se llama el juego ese de armar con un cordel una telaraña entre los dedos de las manos, y que el compañero recoje entre los suyos, y uno lo recupera de nuevo, y así seguido, y la telaraña va mudando de figura según pasa de manos?

Esta laboriosidad infinita de no parar quieto con las manos, de con ellas querer hacerlo todo, debe de ser algo propio de primates que mondan plátanos y se despiojan. Ocupación que funda una ética propia, una ética de artesano, no proletaria, ni burguesa, ni aristocrática. Una ética de lo laborioso, de aplicarse con las manos en pasar al compañero una figura que en sus manos va a ser otra. Arte.

Leer más

Atalaia

Espacio web dedicado al arte en Galicia, organizado por Consello da Cultura Galega.