Clases regulares de arte, creatividade e experimentación para crianzas curiosas de 9 a 12 anos.

– Grupos pequenos
– Materiais incluídos

Este é un espazo no que as crianzas poden explorar, imaxinar e crear con liberdade, disfrutando do proceso e sentíndose acompañadas.
A arte vívese como unha aventura compartida, nun ambiente seguro, alegre e coidado, onde cada sesión se converte nunha experiencia para descubrir e aprender.

Que facemos?

Neste espazo exploramos múltiples camiños da creación: collage, estampado, escultura con materiais de refugallo, debuxo con tinta, obxectos efémeros e moitas outras posibilidades que van xurdindo.

Cada sesión é distinta, porque se adapta ao ritmo e á curiosidade das crianzas. Ás veces traballamos en proxectos individuais, outras en colectivo, sempre co espírito de descubrir, experimentar e compartir.

Sobre min

Son Mauro Trastoy, artista visual con ampla traxectoria no mundo da creación contemporánea, que podes coñecer en www.trastoy.com.

As Aulas Trastoy nacen co desexo de compartir este camiño coas crianzas, ofrecendo un lugar de aprendizaxe creativa, sensibilidade e liberdade.

Cando e onde?

Xoves · 17:30 – 19:30 h
Sábados · 11:00 – 13:00 h

📌 O Gabinete
Rúa Ponte do Sar 8, baixo – Santiago de Compostela

Prezos

CLASES REGULARES: 50 €/mes
(1 sesión semanal de 2 h)

BONO 5 CLASES: 60 €
(válido durante 4 meses)

O pagamento realízase sempre por adiantado, a comezos de mes ou no momento de adquirir o bono.

 

Info e contacto

Se queres saber máis ou reservar praza, podes falar directamente comigo:

WhatsApp: 608 416 508 (Mauro)
Correo: aulastrastoy@gmail.com
Web: www.trastoy.com/aulas
Instagram: @aulastrastoy

Non hai preinscrición nin matrícula previa.
Só tes que escribirme ou chamar para confirmar a asistencia e comezar.