RARA AVIS (2007)
Igrexa da Universidade (Santiago de Compostela).
Colaboración entre o CGAC, Auditorio de Galicia, Fundación Granell e a Universidad de Santiago de Compostela.
Comisarios: Monse Cea / Eduardo Valiña / Kiko da Silva

“Mauro Trastoy realiza unha intervención específica nun espazo que constitue unha obra de arte en sí mesma: a Igrexa da Universidade, unha icona cultural cargada de significación a priori na que asistimos, pola nosa cultura de raíz católica, á primeira exhibición de obras de arte. Inevitablemente esta intervención é, para Monse Cea e Eduardo Valiña, unha solución de continuidade do proxecto de intervencións específicas realizadas na Igrexa da Universidade durante o periodo 2001-2004, Procesalia. Agora, basándose nos mesmos parámetros de respeto e enriquecimiento mutuo entre obras e espazos, o proxecto específico de Trastoy sirve, como entonces, de ponte entre creacións de distintas épocas.

As diferentes lecturas da peza de Mauro Trastoy acaban solapándose entre elas, sen atentar contra a sensación de lugar sagrado. O artista emplea o espazo creando unha atmósfera, en sintonía coa que emana da propia igrexa. Reflexiona sobre a figura divina, dándolle máis importancia ao que se oculta que ao que se mostra. Toma como referencia formal a oblea (corpo de Cristo), como símbolo o círculo e, como cor, o bermello da moqueta, para partir así do tema da eucaristía. A peza colócase baixo a cúpula, deste xeito establécese un diálogo entre o espiritual (arriba) e o terrenal (abaixo). O debuxo é a base conceptual de toda a traxectoria do artista de Ferrol tanto como estratexia procesual como na estética debuxística da imaxen resultante”.

Monse Cea (Comisaria da mostra)